veraopaula
-
Observacións sobre o cultivo da vide na Galiza
Reedición traducida ao galego do libro Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia, de Antonio Casares Rodríguez, do ano 1843. Esta edición en galego é tradución de Xesús Verao Pérez, profesor xubilado de Lingua Galega e viticultor, e conta cunha introdución de Mª Luisa Losada Sanmartín, historiadora da ciencia, colaboradora do Grupo de…
-
Unidade Didáctica “Coñece o teu Concello”
En 2020, ano da pandemia, decidimos elaborar esta unidade didáctica para coñecer a Historia de Sober dende sete sesións dunha clase de 5º de Primaria.
-
Crónica da conferencia de Luis Manuel Ibáñez Beltrán sobre a Terra de Lemos na Idade Media
O 14 de novembro en Monforte, Luis Manuel Ibáñez Beltrán pronunciou unha conferencia sobre a Terra de Lemos en época medieval, convidado polas asociacións O Colado do Vento e Amigos do Patrimonio Lemos. Durante unhas dúas horas e cunha sala chea, este Doutor en Historia Medieval, con raíces na nosa comarca, disertou sobre Historia Medieval…
-
Belotada: iniciativa de reforestación na ribeira do Cabe.
Queremos divulgar unha actividade das asociacións veciñais da ribeira do Cabe, coa que colaboramos: trátase dunha “belotada”, unha iniciativa de reforestación da Ribeira do Cabe. No documento pdf adxunto tedes toda a información para poder colaborar.
-
Mesa Redonda: Patrimonio Forestal e Intervención Humana
A asociación cultural O Colado do Vento organiza en Sober unha Mesa Redonda sobre Patrimonio Forestal e Intervención Humana. A actividade celebrarase o vindeiro día 21 de novembro, venres, na Casa da Cultura de Sober, ás 18:30 h, e contará coa presenza de José Vicente Barcia Magaz, do Proxecto Guardabosques, Isabel Aguirre de Úrcola, Arquitecta…
-
Conferencia: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media
O 14 de novembro de 2025 (venres), Luís Manuel Ibáñez Beltrán impartirá unha conferencia titulada: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media. Será na Casa da Cultura de Monforte ás 20 horas. Entrada libre, non cómpre anotarse. A actividade está organizada en conxunto polas Asociacións O Colado do Vento e…
-
Viaxe a Vigo: Museo Liste e Rande
En outubro de 2025 visitamos a zona de Vigo. A primeira parada foi o Museo Liste, onde as persoas participantes quedaron satisfeitas coas estupendas explicacións que nos deron Victoria e Rocío, que foron moi atentas e nos trataron con moito agarimo. Ambas agasalláronnos cun delicioso aperitivo, xunto con fermosos eloxios para a xente de Sober…
-
Viaxe a Meira e Viladonga
O domingo 23 de marzo de 2025 a Asociación Cultural O COLADO DO VENTO visitamos Meira e Viladonga. En primeiro lugar, realizamos unha magnífica visita guiada á igrexa de Meira – do antigo mosteiro cisterciense -, da man da técnica da Oficina de Turismo de Meira. O mosteiro foi fundado a mediados do século XII,…
-
Un bifaz en Lobios e unha lasca en Proendos? Novos achádegos paleolíticos en Sober
Este ano 2015, atopáronse en Sober dous novos achádegos que, moi probablemente, pertencen ao Paleolítico: un bifaz e unha lasca, útiles de cuarcita. Ambos obxectos estarían datados no Paleolítico Inferior, pertencendo ao conxunto de industrias achelenses do Pleistoceno Medio, ou Modo 2, (620.000 – 300.000 anos antes do presente), elaboradas polas comunidades de Homo Heidelberguensis.…
-
Catro novos achádegos de penas con petróglifos en Sober
En Sober, a xente do Colado do Vento temos aínda por publicar unha ducia de penedas con petróglifos que non foran aínda catalogadas. A maioría, como os tres puntos que vos presentamos hoxe, foron atopadas por Óscar Alonso, de Veliños, mentras ía de paseo polo monte na procura dos prezados cogumelos. Trátase, no caso que…









