veraopaula

  • Ibn Marwán

    Ibn Marwan, Daniel Méndezhttp://www.scribd.com/embeds/83800273/content?start_page=1&view_mode=list&access_key=key-20hxjhicu7gtj303gosf

  • Nova sección: HISTORIA(S) daquí e acolá

    Como a sección “país ribeirao” do Colado do Vento se nos quedaba algo restrinxida territorialmente, decidimos crear unha nova sección “Historias daquí e acolá” para colaboracións que traten sobre aspectos non só desta comarca nosa. Ambas as dúas seccións están abertas a colaboracións. Animádevos!

  • Cea-asamblea xeral do Colado do Vento: o 21 de xaneiro

    Coma todos os anos, o 21 de xaneiro temos a nosa cea anual e asamblea xeral extraordinaria para ir facendo un esbozo das actividades de 2012. Para anotarse a cear, mandade un correo electrónico a javivivirido@terra.es ou chamade ao teléfono  659323833 antes do mércores 18 de xaneiro. Para calquera consulta: coladodovento@gmail.com A Xunta Directiva propón…

  • Libro: Cuaderno del Románico de la Ribeira Sacra

    A través do noso correo (coladodovento@gmail.com) podes contactar co autor do libro para adquirir exemplares.   O Cuaderno del Románico está escrito por un dos socios do Colado do Vento e trátase dun percorrido persoal polas 112 igrexas románicas – ou con vestixios románicos – desta espazo conformado polas concas do Sil e o Miño.…

  • O Trícole na revista oral nº 28 do Museo de Lugo (Pazo das Musas) – 29 de decembro

    Xoves, 29 de decembro de 2011. Revista oral de periodicidade trimestral, editada polo Museo Provincial de Lugo (Rede Museística da Deputación de Lugo). Hora: 20 horas. Lugar: Sala de Exposicións Pazo de San Marcos (sede da Deputación). SUMARIO – Revista oral nº 28  Portada musicalCamiña don Sancho (Romance), por O Trícole (3’) Cruceiros singulares da…

  • O proxecto do "Atlas do viño".

    Estes días, as xentes do Colado do Vento, sobre todo Javier e Paco, andamos atarefadas en facer enquisas sobre a forma tradicional na que se cultivaba o viño en toda a zona que hoxe é a DO Ribeira Sacra.  Para xuño, teremos o traballo rematado e poderemos divulgar todos os coñecementos que estamos recopilando. Participamos…

  • Ruta pola zona do río Loio [30-10-2011]

    Grazas á socia do Colado do Vento, Rosana Prieto Florines, o domingo, 30 de outubro, poderemos desfrutar dunha ruta guiada pola zona do río Loio. * Saída de Sober: 9:15 horas – En coches particulares (organizarémonos para levar os menos posibles). Programa da visita (os horarios son aproximados). *  10:10 horas – Visita á igrexa…

  • Polafía no Pazo de Tor [22 – outubro – 2011]

    Sábado, 22 de outubro de 2011, ás 6 da tarde. Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo, Alfonso Campos, Ángeles Rivada González, Marisa Álvarez e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar. Entrada de…

  • Presentación da obra poética completa de Xosé Lois García [18-10-2011]

    O martes 18 de outubro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte, preséntanse Por ninguén aloumiñada e No sangue dos bardos, os dous tomos que conforman a obra poética completa de Xosé Lois García, publicados en Toxosoutos. No acto, acompañando ao autor, participa Camilo Gómez Torres, prologuista da obra.