veraopaula

  • Crónicas da horta en maio

    O sábado, 10 de maio, plantamos repolo, berenxena, chiroubea, sandía, melón e tomates. Ademais, plantamos cenouras de dous xeitos: – tal como se fai na agricultura biodinámica, formando un surco en V e poñendo area por riba das sementes de cenroura, e tapando sen palla, cuns cartóns para evitar malas herbas, que hai que retirar…

  • A Casa Grande de Pedras, berce dos García-Camba

    Un artigo de Xosé Lois García. Nun chover miudiño, anuncio de primavera, cheguei ao lugar de Pedras en San Martiño de Vilelos (Saviñao), guiado por Manolo Rodríguez, dono da señorial casa grande de Pedras, solar da abastecida fidalguía dos García-Camba. Unha vella e tradicional estirpe de escribáns reais que amosaron poder económico concentrado en Pedras…

  • 9 de maio: sendeirismo entre Vilar de Mouros e Doade

    Quedamos ás 16:15 h na praza de Doade (fronte á Cantina) para ir cos coches a Vilar de Mouros. Dende alí, faremos a ruta de 11 km aproximadamente e, ao remate, haberá uns pinchos, para os que agradecemos que a xente se anote antes do venres. Imos facer un tramo de 11 km da fermosa…

  • Mini e Mero, horta e sendeirismo

    Informamos a todas as socias e socios das vindeiras actividades e da data definitiva da ruta de sendeirismo por Doade. – sábado, 2 de maio: a Asociación “Proencia” organiza un corcerto de Mini e Mero.Ás 7 da tarde na Casa da Cultura.Entrada gratuíta. – domingo, 3 de maio: xornada da horta en Arxemil.Coma sempre, quedamos…

  • Guxeva, na burata da vida longa

    * Colaboración de Xosé Lois García. Non hai moito que unha web facilitou votar o nome mais orixinal dunha aldea do concello de Chantada. Das 266 aldeas espalladas polas 36 parroquias que compoñen este municipio, o topónimo da aldea agraciada foi Guxeva, acochadiña, recollidiña no colo celmoso da nosa ribeira miñota, na parroquia de Santiago Darriba…

  • Memorizar a desfeita

    Artigo de Xosé Lois García, publicado en Galicia Dixital, sobre a abandonada aldea de Bexán, na parroquia de Diomondi. Bexán pode ser a viva testemuña dunha desfeita anunciada que paulatinamente incrementa o desastre, xa se ve que non hai volta atrás para recuperar a identidade do que foi esta enorme aldea ribeirá do Saviñao, na…

  • Xornada de horta teórica e práctica

    O domingo 26, ás 17 horas, temos xornada teórica da horta con Mar. E logo, ás 18 h, seguimos coa limpeza de bancais e plantando leitugas, que é día de folla.

  • Sendeirismo entre Vilardemouros e Doade: cancélase a data do 25 de abril por choiva, pendente de data

    Imos facer un tramo de 11 km da fermosa ruta Doade – Augas Mestas, PR G – 157, deseñada polo Colado do Vento. O tramo que faremos é de Vilardemouros ata Doade.  As persoas que o desexen poden facer a ruta enteira, pero non garantimos que esté toda limpa. A asociación revisou e desbrozou o…

  • Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes

    Foi unha mañá de abril marabillosamente primaveral esta que pasamos por Barantes. O obxecto foi facer un roteiro en torno aos lugares de inspiración da poesía de Ramón Sandoval, ao que acompañaron outras amizades poetas e coa xente de Barantes que se quixo achegar. No Bouzo. Comezamos na igrexa de Barantes, cunha peza de gaita…

    Crónica audiovisual do roteiro poético por Barantes
  • 5ª xornada de horta: 11 de abril

    Esta fin de semana temos unha actividade de sendeirismo poético o domingo pola mañá, pero non podemos descoidar a horta. O domingo pasado limpamos e preparamos o bancal das cenouras e plantamos dúas melocotoeiras, ademais de regar. Imos facer dúas quedadas, aínda que a principal é o sábado. – sábado, día 11: ás 18 horas. …