veraopaula
-
Roteiro poético
O domingo, 12 de abril de 2015, realizamos unha andaina pola parroquia de Barantes. Ademais da súa fermosa paisaxe debruzada sobre o Sil, teremos unha xornada poética nas terras de Ramón Sandoval, da Arriba. Así, convidámosvos a participar coas vosas composicións poéticas nas catro paradiñas que faremos ao longo da ruta. A ruta imos comezala…
-
Paseíño comentado á Pena do Castelo
Dende Doade podemos achegarnos á Pena do Castelo, a penas a 1,5 km do cruce coa pista de acceso a este curuto rochoso. No cruce de Doade, na estrada Monforte – Castro Caldelas, hai que coller dirección á Adega Algueira e pouco antes está a pista de acceso á Pena do Castelo. Accédese…
-
Horta: 5 de abril
Como esta fin de semana é a Feira do Viño,non haberá horta, así que quedaremos para o domingo 5 de abril. Coma sempre, ás 16:30. Abriremos máis bancais e plantaremos as zenouras, pois é día de raíz. De todas formas, as de Sober podemos pasar a revisar a horta o domingo 28 pola tarde, porque habería…
-
Unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz
O 22 de marzo de 2015 visitamos o Ecomuseo de Arxeriz, un espazo de interpretación da cultura ribeirá. Conducidos por Daniela, a guía do Ecomuseo, coñecimos que a “casa dos escudos”, unida en U coa “casa do patín”, xunto coa capela, teñen orixe no século XVII. Este conxunto pasou ao coñecido “Xan de Forcados” –…
-
3ª xornada horta 2015: sábado 21 de marzo
A terceira xornada da horta consistirá en seguir limpando bancais. Toca engadir masa vexetal ao compost que preparamos hai 15 días. Facer o caldo de ortiga. Como é día de folla, vanse plantar leitugas. Quedamos o sábado 21 a partir das 16:30 h na horta de Arxemil.
-
Visita guiada: Ecomuseo de Arxeriz
O domingo, 22 de marzo, pola mañá, visitaremos o Ecomuseo de Arxeriz, asistindo a unha visita guiada polas súas salas e o castro. A visita comeza ás 12:30 h no museo, polo que quedamos nos seguintes sitios (en coches particulares):– Sober: diante da Casa do Concello ás 11:50 horas. – Ferreira: na rotonda ás 12:05…
-
Horta do día 15 de marzo de 2015
Para a segunda xornada de horta quedamos o domingo, día 15, ás 16:30 h. – O principal do traballo do domingo é comezar coa limpeza dos bancais. – Hai que colocar o calendario lunar e o esquema dos cultivos debaixo do depósito de auga. – Hai que preparar o compost para telo listo para cando…
-
Crónica (subxectiva) do encontro con Xurxo Ayán sobre a Ribeira Sacra: un problema non só de relato
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } * Crónica de Paula Vázquez Verao. O venres, 27 de febreiro, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, edificio do antigo Concello de Monforte, Xurxo Ayán, “neto de indíxenas” pronunciou a exposición titulada “Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) comunidade(s)”. A solemnidade do formato non foi…
-
Comeza a tempada de horta 2015: domingo, 8 de marzo
A primeira xornada de traballo de 2015 será o domingo, 8 de marzo, pola tarde: ás 16:30 h na horta dos Navás. Se queredes participar, aparecede. Máis info en coladodovento@gmail.com Imos celebrar o día internacional da muller traballadora creando horta, un traballo este, o de alimentar o mundo, que é fundamentalmente feminino.
-
Conferencia de Xurxo Ayán: "A Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) Comunidade(s)
P { margin-bottom: 0.08in; } A Asociación Cultural O Colado do Vento organiza en Monforte unha conferencia do arqueólogo Xurxo Ayán Vila titulada “A Ribeira Sacra: unha paisaxe heroica, un patrimonio da(s) Comunidades(s).” A petición da charla por parte da Asociación sae dunha xuntanza na que se tratou sobre o proceso da candidatura da Ribeira…
