ACTIVIDADES
-
Charla sobre a Orde do Temple en Canaval
Comezamos 2026 cunha charla sobre a presenza da Orde do Temple en Canaval e a súa influencia nas parroquias da contorna, ao cargo de Almudena Bouzón, doutora en Historia coa tese La Orden del Temple en el Reino de Galicia en la Edad Media. Será no local social da parroquia de Canaval (detrás da estación,…
-
Belotada: iniciativa de reforestación na ribeira do Cabe.
Queremos divulgar unha actividade das asociacións veciñais da ribeira do Cabe, coa que colaboramos: trátase dunha “belotada”, unha iniciativa de reforestación da Ribeira do Cabe. No documento pdf adxunto tedes toda a información para poder colaborar.
-
Mesa Redonda: Patrimonio Forestal e Intervención Humana
A asociación cultural O Colado do Vento organiza en Sober unha Mesa Redonda sobre Patrimonio Forestal e Intervención Humana. A actividade celebrarase o vindeiro día 21 de novembro, venres, na Casa da Cultura de Sober, ás 18:30 h, e contará coa presenza de José Vicente Barcia Magaz, do Proxecto Guardabosques, Isabel Aguirre de Úrcola, Arquitecta…
-
Conferencia: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media
O 14 de novembro de 2025 (venres), Luís Manuel Ibáñez Beltrán impartirá unha conferencia titulada: A vila de Monforte e a Terra de Lemos na Idade Media. Será na Casa da Cultura de Monforte ás 20 horas. Entrada libre, non cómpre anotarse. A actividade está organizada en conxunto polas Asociacións O Colado do Vento e…
-
IX encontro á luz da lúa: en Cadeiras o 1 de agosto de 2015
Un ano máis – e xa van nove – O Colado do Vento organiza o “encontro á luz da lúa”, singular xornada nocturna na que compartimos contos, cantos, saberes, poemas ou o que cada quen desexe. Este ano contamos coa presenza dos grupos de Sober The Carallos e O Trícole, e cunha violonchelista, Paula. Ademais,…
-
Ruta de sendeirismo e xornada de praia no Morrazo
Data: domingo, 19 de xullo. Horas e puntos de saída: 8:00 h – Diante da Casa do Concello de Sober. 8:40 h – Rotonda fronte ao IES AS Lagoas, Ourense. 10:20 h – O Hío, Cangas. Sairemos pouco despois das 10:30 h do Hío para facer unha ruta de sendeirismo pola península do Morrazo, de…
-
A caza do Patrimonio por Sober: crónica da xornada
O domingo, 21 de xuño de 2015, a xente da Asociación O Colado do Vento achegámonos a distintos puntos con elementos patrimoniais en Sober coa finalidade de coñecer e divulgar o noso Patrimonio, así como analizar o estado de conservación e comprender o entorno no que se sitúa. Esta xornada de “cacería” do Patrimonio foi…
-
Xornada "á caza do Patrimonio", en Sober
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Visitaremos distintos elementos do Patrimonio arqueolóxico de Sober, coa finalidade de coñecelos, divulgar a súa existencia e importancia histórica, dar conta de novos achádegos non catalogados e subir todos os que visitemos ao Catálogo Social do Patrimonio Galego (http://patrimoniogalego.net). Reivindicamos a función social do Patrimonio, o seu valor…
-
Viaxe a Entrimo e Castro Laboreiro: domingo 31 de maio
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Hai que anotarse antes do sábado, 30 de maio, ás 12 h, en: 674473695 ou coladodovento@gmail.com Prezo por persoa (inclúe visitas e transporte): – socia – 8 € – non socia – 15 € Saída do transporte: – Monforte: 8:45 h nas “casiñas” da Compañía – Sober: 9:00…



