ACTIVIDADES
-
VIII encontro á luz da lúa: no miradoiro de Santiorxo
Un ano máis, no Colado do Vento queremos volver atoparnos nunha noite de luar para deixar que flúa a música, a poesía e a imaxinación. O encontro deste ano 2014 será no miradoiro de Santiorxo ás dez da noite do 9 de agosto. Este ano, probaremos a cervexa caseira que fixemos no curso de cervexa.…
-
[crónica] Unha visita ao patrimonio megalítico do Saviñao
Dolmen da Leira Rapada. O domingo 27 de xullo de 2014 tivemos cita co patrimonio megalítico do Saviñao. Nas parroquias deste municipio consérvanse evidencias de numerosos elementos megalíticos, por iso o escollimos como localización para achegarnos a este fenómeno construtivo, que se desenvolveu en Galicia dende os inicios da agricultura ata a primeiro milenio antes…
-
[crónica] Boa música na horta de boas prácticas
Onte, 26 de xullo, pasamos unha estupenda xornada musical que serviu de presentación en sociedade da nosa horta de boas prácticas. Iria Estévez e Gonzo Piña, na voz e na guitarra, ofrecéronnos un excepcional recital de fado e outras músicas namentras o sol se poñía perto dos Chancís, en Arxemil. Houbo tempo tamén para…
-
Ruta megalítica polo Saviñao
O vindeiro domingo 27 de xullo de 2014 imos de ruta polos conxuntos megalíticos do Saviñao. Visitaremos: – dolmen de Abuíme. – mámoas de Os Pedrouzos. – ruta circular por Vilatán (2,35 km), para ver o dolmen da Leira da Rapada. [Pódese ver o perfil e percorrido da ruta en Wiki-Loc aquí]. Saídas (en coches…
-
Música na horta: Iria Estévez e Gonzo Piña o 26 de xullo nos Nabás.
O 26 de xullo, para presentarvos a horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento, temos un concerto de luxo: Iria Estévez e Gonzo Piña, de En Clave de Fado, ofrecerannos un concerto. Ás 8 da tarde na horta dos Nabás o vindeiro 26 de xullo. Ide reservando a data.
-
Obradoiro de RAKU-olería de Gundivós: 14 de xuño
P { margin-bottom: 0.08in; direction: ltr; color: rgb(0, 0, 0); widows: 2; orphans: 2; }P.western { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }P.cjk { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; }P.ctl { font-family: “Times New Roman”,serif; font-size: 12pt; } Obradoiro de RAKU (técnica de olaría xaponesa) seguindo a técnica de cirillotes e outras empregadas en…
-
Viaxe a Guimaraes e Braga: 1 de xuño
O 1 de xuño pasaremos todo o día visitando Guimaraes, achegándonos á citânia de Briteiros e, a última hora, a Braga. Saída:* ás 8 h da Compañía (casiñas)* ás 8:15 h en Canaval (campo da festa) Prezo (inclúe entrada a museo e bus):* (persoas socias): 10 €* (non socias): 16 € Reserva de praza ata…
-
Localización do curso de cervexa (18 de maio de 2014)
IMPORTANTE (curso de cervexa): como mañá, domingo, hai unha proba deportiva en Sober, aparcaremos directamente na zona onde se desenvolverá o curso de cervexa, para non ter que entrar na praza do Concello. Poremos carteis indicadores nas estradas de chegada a Sober (Canaval e Monforte).Hai sitio onde aparcar.Esta é a zona de San Martiño, onde…
-
Curso de cervexa artesá: 18 de maio
Este domingo, 18 de maio, teremos un curso de iniciación á cervexa artesá. Por xentileza de Diego Xesús López González, que comparte connosco o seu saber desinteresadamente. A inscrición e participación no curso será gratis para persoas socias do Colado do Vento e custará 5 € para persoas non socias. Para anotarvos, enviade correo a…
-
Visita a Xunqueira de Ambía, Allariz e Augas Santas: 11 de maio de 2014
Basílica da Asunción (Augas Santas). P { margin-bottom: 0.08inO domingo, 11 O domingo, 11 de maio de 2014, imos coñecer a igrexa de Santa María a Real, en Xunqueira de Ambía, a vila de Allariz e a parroquia de Augas Santas. Saída: 9:30 de Monforte (explanada da Compañía). Imos en autobús, polo que é preciso…