ACTIVIDADES
-
Visitas a Allariz (11 de maio) e Guimarães (1 de xuño)
Datas con excursións ás que cómpre anotarse: ide reservando o día e enviade correo a coladodovento@gmail.com se queredes vir. – 11 de maio: visita a Allariz. Iremos a Santa Mariña de Augas Santas, veremos a vila de Allariz e algunha cousa máis pola zona. Imos en bus, por iso cómpre anotarse antes do 8 de…
-
Calendario de actividades: primavera-verán 2014 (avance)
Deixámosvos un primeiro avance coas datas dalgunhas das actividades da primavera e verán deste ano 2014. 11 – maio – Visita a Allariz. 18 – maio – Taller de cervexa artesá. 24 – maio – Taller de olería (?). 1 – xuño – Visita a Guimaraes, Portugal. 8 – agosto – VIII xornada á luz…
-
Ruta por San Vitoiro-Covas-Muíño do Coxo (Pobra do Brollón)
* A ruta en Wikiloc (aquí). O vindeiro domingo, 27 de abril de 2014, imos de ruta de sendeirismo pola Pobra do Brollón. É unha ruta que dura aproximadamente tres horas con ritmo lento, de dificultade media. Serán uns 8 km de percorrido, nunha ruta circular que sae de San Vitoiro, pasando por Covas e…
-
Visita á parroquia de Fiolleda
O domingo, 6 de abril de 2014, imos coñecer a parroquia monfortina de Fiolleda. Sairemos ás 10 h das “Casiñas” da Compañía (Monforte) en coches particulares, para dirixirnos a Fiolleda. Alí, visitaremos os seguintes elementos patrimoniais artísticos e naturais: – Lagoa da Gándara Grande. – Igrexa de Santa María de Baamorto, con restos románicos e…
-
Presentación de Territorios estraños en Sober co autor: Ramón Sandoval
Presentación de Territorios estraños na Biblioteca Pública de Sober, co Club De Lectura Pintor de Castinande. Hoxe, mércores 26 de marzo, as 19:00 h na Biblioteca de Sober, co autor Ramón Sandoval. Fará a presentación Paula Vázquez Verao e actuarán Os Parentes. Para non o perder!
-
A horta volve de novo en 2014: inicio dos traballos e chamamento a novo alumnado.
A horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento volve esta primavera. Este sábado, 22 de marzo, comeza a nova tempada da nosa horta. Primeiro, acudirá a equipa que levou a horta o ano pasado, para acondicionala. Ademais, dende o grupo que se encargou en 2013 do coidado da horta, fan un chamamento a…
-
Ruta de sendeirismo: Diomondi – Pedro de Cela – Santo Estevo do Miño
O domingo, 16 de marzo, faremos unha ruta de sendeirismo que sigue o curso da [PR-G 162] e que ten como fitos principais a igrexa de Diomondi, os sartegos antropomorfos de San Pedro de Cela e a igrexa de Santo Estevo, así como fermosas vistas sobre a ribeira do Miño. Quedada (en coches particulares): –…
-
Falamos das pensións: o venres, 31 de xaneiro.
A primeira charla do ciclo “falamos de”. Toca falar de pensións, co economista Xabier P. Davila, autor do libro A batalla polas pensións. O vindeiro venres (31 de xaneiro) ás 19:30 h na Casa da Cultura de Sober. Este ano, O Colado do Vento inicia un ciclo de charlas sobre temas variados e de interese…
-
Asemblea Xeral anual: 25 de xaneiro de 2014
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Convocatoria de ASEMLEA XERAL da Asociación Cultural O Colado do Vento para o sábado, 25 de xaneiro de 2014, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Sober. ORDE DO DÍA – Balance xeral do ano 2013. – Estado de contas. – Previsión de actividade para o ano…
-
Preparando unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, no Saviñao [PR-G 162]
No Colado do Vento estamos a preparar unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, un treito da ruta impulsada pola Asociación Veciñal do Saviñao. Deixamos unhas fotos. Farémola este inverno. Vista do castro de San Fiz. San Pedro de Cela. Vista dende Cela. San Paio de Diomondi.