ACTIVIDADES
-
A horta volve de novo en 2014: inicio dos traballos e chamamento a novo alumnado.
A horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento volve esta primavera. Este sábado, 22 de marzo, comeza a nova tempada da nosa horta. Primeiro, acudirá a equipa que levou a horta o ano pasado, para acondicionala. Ademais, dende o grupo que se encargou en 2013 do coidado da horta, fan un chamamento a…
-
Ruta de sendeirismo: Diomondi – Pedro de Cela – Santo Estevo do Miño
O domingo, 16 de marzo, faremos unha ruta de sendeirismo que sigue o curso da [PR-G 162] e que ten como fitos principais a igrexa de Diomondi, os sartegos antropomorfos de San Pedro de Cela e a igrexa de Santo Estevo, así como fermosas vistas sobre a ribeira do Miño. Quedada (en coches particulares): –…
-
Falamos das pensións: o venres, 31 de xaneiro.
A primeira charla do ciclo “falamos de”. Toca falar de pensións, co economista Xabier P. Davila, autor do libro A batalla polas pensións. O vindeiro venres (31 de xaneiro) ás 19:30 h na Casa da Cultura de Sober. Este ano, O Colado do Vento inicia un ciclo de charlas sobre temas variados e de interese…
-
Asemblea Xeral anual: 25 de xaneiro de 2014
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Convocatoria de ASEMLEA XERAL da Asociación Cultural O Colado do Vento para o sábado, 25 de xaneiro de 2014, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Sober. ORDE DO DÍA – Balance xeral do ano 2013. – Estado de contas. – Previsión de actividade para o ano…
-
Preparando unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, no Saviñao [PR-G 162]
No Colado do Vento estamos a preparar unha camiñata entre Diomondi e Santo Estevo, un treito da ruta impulsada pola Asociación Veciñal do Saviñao. Deixamos unhas fotos. Farémola este inverno. Vista do castro de San Fiz. San Pedro de Cela. Vista dende Cela. San Paio de Diomondi.
-
Presentación do libro: Crónicas históricas de la villa de Monforte
O novo e documentado traballo de José María Lago Bornstein preséntase este venres, día 25 de outubro, na libraría Agrasar de Monforte. Será ás 20 horas. Tamén se presentará “Ediciones La Rectoral”.
-
Imos coñecer os petróglifos de Campo Lameiro
O domingo, día 22 de setembro, imos ir dende Sober a coñecer os petróglidos de Campo Lameiro, un dos conxuntos máis espectaculares de Europa en canto a arte rupestre. Sairemos ás 9 horas da praza do Concello de Sober (8:50 h na praza da Compañía en Monforte) e iremos en bus, polo que cómpre anotarse…
-
Presentación das actividades do Colado do Vento na Feira do Libro de Monforte
O mércores 21 de agosto, o Colado do Vento participamos na presentación da Feira do Libro de Monforte facendo unha presentación das nosas actividades. Será ás 21 horas na zona da feira. * Aquí pode descargarse o programa da feira.
-
Visita cultural a Valdeorras: 30 de xuño.
O domingo 30 de xuño de 2013 imos de visita a zona de Valdeorras. Sairemos en bus dende Sober ás 9:00 horas (praza do Concello), parando en Monforte (gasolineira en fronte do Día) ás 9:15 horas. Hai que anotarse en coladodovento@gmail.com ou 636129233 antes do mércores, día 26 de xuño. Valencia do Sil MAÑÁ –…
-
Proxecto: Coordinadora para a valorización do Medio Rural.
Proxecto de Coordinadora para a valorización do Medio Rural na zona sur de Lugo. Por: Felipe Castro López. Auto-convocatoria para o sábado, 27 de abril, na Casa da Cultura de Sober ás 20 h.