ACTIVIDADES
-
Antigamente falaban os burros e outras historias.
O venres día 30 colaboramos nas fantásticas Merendas con Contos da Biblioteca Pública do Concello de Sober coa xornada “Antigamente falaban os burros e outras historias”, para saber sobre a nosa tradición oral. Participade!
-
Ruta polos petróglifos de Proendos
Tal e como estaba previsto, a ruta polos puntos con petróglifos da parroquia de Proendos será o vindeiro domingo, día 28. A ruta faise, con paradas, en aproximadamente unha hora e media (son 2,9 km de dificultade baixa), co cal sairemos ás 11:00 horas do aparcadoiro parroquial (moi cerca da igrexa). Visitaremos o lugar…
-
Algúns indicios de contaminación nos ríos: xornada práctica
Xornada organizada polo Colado do Vento e amigos biólogos para detectar indicios de contaminación nos nosos ríos. O sábado, 20 de outubro. – mañá –Quedamos ás 10:30 en Canaval , para comezar antes das 11:00.Alí estaremos entre 2-3 horas, con explicacións sobre tipos de algas, invertebrados en formol que indican contaminación ou todo o contrario,…
-
Excursión ás Médulas (26 de agosto).
* Domingo, 26 de agosto. * Saída de Sober en bus ás 8:00 horas; de Monforte ás 8:15 horas nas Casiñas da Compañía. * Prezo: socios/as – 5 € // non socios/as – 10 € * Para xantar, cada persoa pode levar a comida. No entorno das Médulas hai restaurantes. *** Necesaria inscrición: data límite,…
-
VIº Encontro á luz da lúa (ano 2012).
Atoparémonos en Cadeiras, sobre as nove da noite, o venres, 3 de agosto, para tomar algo e ir comezando a noite. Logo, as actuacións e paradas realizaranse no entorno de Cadeiras (miradoiro, Pena da Virxe…). Estarán connosco Xosé do Incio, coa zanfona, Olga Novo, poeta de Vilarmao, Xosé Lois García, escritor, historiador, poeta, Carmeliña, rapsoda,…
-
VI Roteiro á luz da lúa: venres, 3 de agosto.
Este ano, o VI encontro á luz da lúa con música, poesía, relato ou o que queirades, será o venres, 3 de agosto no entorno de Cadeiras. Quedamos en Cadeiras ás 21:00 horas para tomar contacto e uns pinchiños. As persoas do Colado do Vento encargadas de organizalo xa están preparando as sorpresas desta noite…
-
Roteiro literario Fiz Vergara en Lóuzara (8 de xullo).
A data do roteiro por Lóuzara será o 8 de xullo. Aínda temos que acordar os detalles sobre a participación da nosa asociación, pero así ides gardando o día. Organízao todos os anos a Agrupación Cultural Ergueitos, de Sarria.
-
Domingo, 13 de maio – Excursión a terras de Samos.
Visita ao castro de Formigueiros, capela do ciprés e Mosteiro de Samos. http://memoriadesamos.blogspot.com.es/2011/03/relevancia-do-castro-de-formigueiros.html * Saída ás 9:15 horas de Sober (praza do Concello) – 9:30 horas de Monforte (“casiñas” da Compañía). * Prezo do bus: 5 € soci@s / 10 € non soci@s. Necesario anotarse previamente e ingresar os cartos ou pagalos en man ás…
-
Ficha de recolleita de información sobre PRÁCTICAS AGRÍCOLAS TRADICIONAIS NAS HORTAS.
Dende O Colado do Vento, queremos facer unha recolleita sobre as prácticas agrícolas tradicionais nas hortas, para poder sacar conclusións e poder facer unhas boas prácticas nas hortas familiares. Se queredes colaborar, podedes descargar aquí mesmo a ficha e logo enviar as vosas aportacións a coladodovento@gmail.com ou enviárnola por correo postal a Colado do Vento…
-
ruta de sendeirismo "Vilachá de Salvadur-Augas Mestas" – 15 de abril (domingo)
Foto: http://www.jrcasan.com. Saída en bus: – dende Sober: 9:30 horas (praza do Concello) – dende Monforte: 9:45 horas (“casiñas” da Compañía) [É preciso anotarse para reservar praza no bus antes do xoves 12, en coladodovento@gmail.com ou 659323833]. Foto: http://flickriver.com/photos/moncho-pineiro/4480070442/ Chegada a Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón) sobre as 10:15 horas, para facer unha…