ACTIVIDADES
-
Ruta pola zona do río Loio [30-10-2011]
Grazas á socia do Colado do Vento, Rosana Prieto Florines, o domingo, 30 de outubro, poderemos desfrutar dunha ruta guiada pola zona do río Loio. * Saída de Sober: 9:15 horas – En coches particulares (organizarémonos para levar os menos posibles). Programa da visita (os horarios son aproximados). * 10:10 horas – Visita á igrexa…
-
Polafía no Pazo de Tor [22 – outubro – 2011]
Sábado, 22 de outubro de 2011, ás 6 da tarde. Música, contos, cantos e memoria das tradicións do propio pazo e dos arredores. Coa participación de Mini e Mero, O Trícole, Isidro Novo, Alfonso Campos, Ángeles Rivada González, Marisa Álvarez e moitas veciñas e veciños da contorna co seu saber contar e cantar. Entrada de…
-
SOLPOR MUSICAL EN SANTIAGO DE CANGAS
Concerto de corda pola agrupación musical “Campo de Estrellas”. – Violín primeiro – Francisco Javier Fernández Places– Viola – María Santos Fernández– Contrabaixo – Alberto Rodríguez Arrojo Convídavos a asociación O Colado do Vento, coa xenerosidade de Alfonso e de Paco e Mar. Casa Reitoral de Santiago de Cangas.21 de agosto de 2011.20:00 horas. Estades…
-
fotos da actuación de Palimoco Teatro – MUÍÑOS DA XABREGA
Veu Palimoco Teatro a Sober co espectáculo de contos tradicionais galegos Queres que cho conte? e deixou cun sorriso nos beizos a nenos e nenas de todas as idades que se achegaron aos muíños da Xabrega. Foi unha actividade organizada polo Colado do Vento e patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.…
-
Palimoco Teatro o 9 de agosto nos muíños do Xabrega.
O martes, 9 de agosto, Palimoco Teatro actuará en Sober co espectáculo “Queres que cho conte?”, escolma de contos populares. Será ás 11:30 horas no entorno dos muíños da Xabrega (muíño habilitado como “fábrica de luz”). Actividade organizada polo Colado do Vento e patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, dentro da…
-
FOTOS DO ROTEIRO Á LUZ DA LÚA – 2011
Este ano saiu a lúa e fíxose a maxia no monte de Cadeiras. Dende o miradoiro sobre o Sil ata o entorno do santuario, pasando pola Pena da Virxe, a música soou en Cadeiras da man de Mini e Mero, que nos brindaron un feixe de cancións míticas, do fagot de Gonzalo Lemos, a guitarra…
-
Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA
Vº ROTEIRO MÚSICO-POÉTICO Á LUZ DA LÚA * Venres, 15 de xullo de 2011. * Encontro ás once da noite en Cadeiras. * Este ano moverémonos polo entorno de Cadeiras, co cal non hai moito para andar. Coma sempre, haberá música e poesía, e podedes ler, dicir, contar ou expresar de distintos xeitos o que…
-
ANDAINA – ENTRE BARANTES E BOLMENTE
Sábado, 18 de xuño de 2011. Saída: 9:30 horas – O Pinal (Bolmente). Percorrido: do castro da Cividade (Bolmente) ao castro de Vilanova (Barantes), voltando ao Pinal. RUTA CIRCULAR INFORMACIÓN – 636129233 (Alfonso) – javivivirido@terra.es * Non é preciso anotarse.
-
O QUE IMOS VER O 3 DE ABRIL EN BARANTES
Vista do Sil dende o castro de Vilanova. O 3 de abril, domingo, ás 11:00 horas, sairemos da igrexa de Barantes para facer unha ruta pola parroquia. Non é preciso anotarse. Igrexa parroquial de Barantes. Dende alí, camiñaremos pouco máis de 1,5 km sen pendentes ata chegar ao castro. O castro de Vilanova conta cun…