ACTIVIDADES
-
Plan de traballo 2015-2016
P { margin-bottom: 0.08in; }A:link { } Asociación Cultural, que está radicada nun tempo e nun lugar, a Terra de Lemos, cuns problemas sociais aos que non é allea. Somos sociedade que queremos un patrimonio para vivilo. Porque nós sabemos da función social, cultural, económica e de dignidade colectiva que pode desempeñar o noso Patrimonio.…
-
Concerto de Clave de Fado en Proendos
Organiza: Asociación Veciñal Proencia – Festas do San Amaro.
-
Presentación do proxecto "Atlas do Viño"
O 28 de novembro imos presentar o noso traballo sobre a recollida de testemuños do cultivo tradicional do viñedo na D. O. Ribeira Sacra. Aquel traballo formaba parte do proxecto “Atlas del Vino”, que en Galicia coordinou Isabel Aguirre e que na Ribeira Sacra colaboramos O Colado do Vento. Aquela experiencia serviu para coñecer…
-
Ruta "As cores do outono"
Ruta O Arroxó – Rega de Ardán – O Arroxó (ruta circular). O domingo, 2 de novembro de 2014, realizaremos unha ruta circular que parte do Arroxó, pasando polos Chancís, cotarro do Castro, os muíños do Xabrega, A Boca, Rega de Ardán e volta ao Arroxó.Unha parte sigue o trazado da ruta PR-G 86, entre…
-
Paseo polo río Antiga, no Incio
Foto: Carlos Rueda. Na tarde do domingo, 31 de agosto, imos facer unha visita de gran interese natural ao Incio. Veremos como o río Antiga, unha das fontes principais do Cabe, “desaparece” nos meses de verán baixo a terra, nunha zona calcárea, e volve aflorar na fonte do Arnada. Trátase do fenómeno da “resurxencia cárstica”.…
-
VIII encontro á luz da lúa: no miradoiro de Santiorxo
Un ano máis, no Colado do Vento queremos volver atoparnos nunha noite de luar para deixar que flúa a música, a poesía e a imaxinación. O encontro deste ano 2014 será no miradoiro de Santiorxo ás dez da noite do 9 de agosto. Este ano, probaremos a cervexa caseira que fixemos no curso de cervexa.…
-
[crónica] Unha visita ao patrimonio megalítico do Saviñao
Dolmen da Leira Rapada. O domingo 27 de xullo de 2014 tivemos cita co patrimonio megalítico do Saviñao. Nas parroquias deste municipio consérvanse evidencias de numerosos elementos megalíticos, por iso o escollimos como localización para achegarnos a este fenómeno construtivo, que se desenvolveu en Galicia dende os inicios da agricultura ata a primeiro milenio antes…
-
[crónica] Boa música na horta de boas prácticas
Onte, 26 de xullo, pasamos unha estupenda xornada musical que serviu de presentación en sociedade da nosa horta de boas prácticas. Iria Estévez e Gonzo Piña, na voz e na guitarra, ofrecéronnos un excepcional recital de fado e outras músicas namentras o sol se poñía perto dos Chancís, en Arxemil. Houbo tempo tamén para…
-
Ruta megalítica polo Saviñao
O vindeiro domingo 27 de xullo de 2014 imos de ruta polos conxuntos megalíticos do Saviñao. Visitaremos: – dolmen de Abuíme. – mámoas de Os Pedrouzos. – ruta circular por Vilatán (2,35 km), para ver o dolmen da Leira da Rapada. [Pódese ver o perfil e percorrido da ruta en Wiki-Loc aquí]. Saídas (en coches…
-
Música na horta: Iria Estévez e Gonzo Piña o 26 de xullo nos Nabás.
O 26 de xullo, para presentarvos a horta comunal de boas prácticas do Colado do Vento, temos un concerto de luxo: Iria Estévez e Gonzo Piña, de En Clave de Fado, ofrecerannos un concerto. Ás 8 da tarde na horta dos Nabás o vindeiro 26 de xullo. Ide reservando a data.