-
Ruta pola ribeira Sil: de Lobios aos Chancís.
O Club Acivro facilítanos en Wikiloc unha ruta pola ribeira do Sil que van realizar en marzo, co itinerario deseñado por Alfonso e Óscar da nosa asociación. A ruta ten 23 km. Podedes acceder aquí ao perfil e á ruta en Wililoc.
-
Novo equipo directivo do Colado do Vento e plan de traballo para 2013.
Na Cova das Choias, en setembro de 2010. Na asemblea xeral da nosa asociación cultural “O Colado do Vento”, celebrada o sábado, 12 de xaneiro de 2013, en Cadeiras, escolleuse o novo equipo directivo, tras esgotarse o periodo de dous anos que estatutariamente lle correspondía á anterior Xunta Directiva. O inmenso traballo destes dous últimos…
-
Bo Nadal e Asemblea Xeral e cea anual do Colado!
Coma todos os anos, toca asemblea xeral anual e paparotada de Nadal do Colado do Vento. Esta tempada será o 12 de xaneiro de 2012. Cea ás 21:30 horas no mesón de Cadeiras. Asemblea despois da cea. Temas: estado de contas do ano 2012 – renovación da xunta directiva – planificación de actividades do ano…
-
O cruceiro da Pena de Proendos, por Xosé Lois García.
Coas miñas andanzas polas terras de Sober un nunca chega a facerlles unha verdadeira descuberta, por tanta oferta natural, histórica, arqueolóxica e artística que atesoura este espazo. Aínda que sempre me auxilia un bo e grato amigo, Alfonso Campos, que me leva ás emerxencias mais autorizadas desta terra do sur da provincia de Lugo. Hai…
-
Travesía Doade-Augas Mestas.
Imaxe da ruta en outono (foto: Alejandro, Club Acivro). No ano 2011, O Colado do Vento impulsou a realización dunha ruta de sendeirismo pola ribeira do Sil, entre Doade e Augas Mestas, coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo. Un ano despois, a ruta cumple as expectativas de camiñantes,…
-
Antigamente falaban os burros e outras historias.
O venres día 30 colaboramos nas fantásticas Merendas con Contos da Biblioteca Pública do Concello de Sober coa xornada “Antigamente falaban os burros e outras historias”, para saber sobre a nosa tradición oral. Participade!
-
Festa-Presentación de Tedempo.
Festa Presentación do novo libro Tedempo, de Xosé Lois García. O xoves, día 8 de novembro, ás 8 da tarde no Casino de Chantada.
-
Ruta polos petróglifos de Proendos
Tal e como estaba previsto, a ruta polos puntos con petróglifos da parroquia de Proendos será o vindeiro domingo, día 28. A ruta faise, con paradas, en aproximadamente unha hora e media (son 2,9 km de dificultade baixa), co cal sairemos ás 11:00 horas do aparcadoiro parroquial (moi cerca da igrexa). Visitaremos o lugar…
-
Algúns indicios de contaminación nos ríos: xornada práctica
Xornada organizada polo Colado do Vento e amigos biólogos para detectar indicios de contaminación nos nosos ríos. O sábado, 20 de outubro. – mañá –Quedamos ás 10:30 en Canaval , para comezar antes das 11:00.Alí estaremos entre 2-3 horas, con explicacións sobre tipos de algas, invertebrados en formol que indican contaminación ou todo o contrario,…
-
Excursión ás Médulas (26 de agosto).
* Domingo, 26 de agosto. * Saída de Sober en bus ás 8:00 horas; de Monforte ás 8:15 horas nas Casiñas da Compañía. * Prezo: socios/as – 5 € // non socios/as – 10 € * Para xantar, cada persoa pode levar a comida. No entorno das Médulas hai restaurantes. *** Necesaria inscrición: data límite,…